publicidade hoxe

A Xunta súmase a homenaxe a Valle-Inclán en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+
Anxo Lorenzo na homenaxe a Valle-Inclán

Anxo Lorenzo na homenaxe a Valle-Inclán

A capital de Galicia acolleu esta mañá unha homenaxe a Ramón María Valle-Inclán cunha lectura pública de fragmentos da súa obra, na que participou a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e da directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia. A iniciativa tamén incluíu un acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Valle-Inclán na alameda compostelá.

Desde hai 12 anos, a Fundación Granell e o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal colaboran para lembrar a estadía do ilustre escritor en Santiago de Compostela, cidade á que chega o 7 de marzo de 1935 e na que falece o 5 de xaneiro de 1936.

7 de marzo de 2018 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.