publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta remite ao Concello de Lugo e a Adif a proposta de convenio para impulsar a estación intermodal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugoPortada dereita
A-
A+

A Xunta de Galicia remitiulle o pasado luns ao Concello de Lugo e a Adif unha proposta de convenio de colaboración para impulsar conxuntamente a estación intermodal da cidade. A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, cumpre así o compromiso adquirido na xuntanza que as tres administracións mantiveron en Madrid o pasado 19 de febreiro.

O documento remitido pretende sentar as bases da colaboración entre o Goberno galego, o Concello de Lugo e o Ministerio de Fomento, a través de Adif, para o desenvolvemento dunha infraestrutura estratéxica para a cidade, concebida para facilitar un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte, fomentar o transporte público e contribuír á configuración urbana do contorno.

Tal como se acordou na xuntanza celebrada en febreiro en Madrid, o borrador de convenio remitido ao Concello de Lugo e a Adif segue o modelo do acordo asinado para impulsar a estación intermodal de Santiago, que se atopa xa en proceso de contratación.

Desa forma, establécense os obxectivos da actuación conxunta e distribúense as responsabilidades de cada administración en función das súas competencias. A Xunta asumiría o compromiso de construír a nova terminal de autobuses integrada na de tren, o Adif se encargaría da adaptación da estación ferroviaria e o Concello de pór á disposición os terreos e os accesos necesarios.

A conselleira trasládalles aos responsables do Concello e de Adif a súa confianza en que este documento poida servir de base para pechar o antes posible un marco de cooperación eficaz y viable para materializar a estación intermodal de Lugo.

Unha vez que as partes remitan as súas consideracións á proposta de convenio e se peche o acordo definitivo, o convenio será tramitado internamente polas tres administracións e firmado polos seus representantes.

Con esta iniciativa, o Goberno galego dá un paso máis no impulso da estación intermodal de Lugo, na que leva traballando xa máis dun ano e sobre a que elaborou un completo estudo de alternativas sobre a nova estación de autobuses. O traballo será integrado no anteproxecto do conxunto do proxecto cuxa redacción Adif prevé licitar neste semestre.

21 de marzo de 2018 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.