publicidade hoxe

A Xunta prepara a campaña ‘Quere o teu mercado’ que, baixo o lema Preto do teu corazón, se celebrará do 14 ao 27 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, mantivo hoxe en Santiago de Compostela un encontro con representantes dos concellos galegos con mercados ou prazas de abastos, da Federación galega de comercio e de asociacións e federacións de praceiros e praceiras de Galicia para comezar a preparar a campaña Quere o teu mercado 2018 que, baixo o lema preto do teu corazón, se celebrará entre o 14 e o 27 de maio.

Tal e como explicou a directora xeral, durante eses días, os mercados organizarán diferentes actividades para visualizar estes espazos, promovelos e activalos, incentivando, á vez, a creación de novos negocios para a revitalización deste sector do comercio. En concreto, o día do mercado celebrarase o domingo 27 de maio con actividades en todos os mercados que se sumen a esta iniciativa.

Quere o teu mercado é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados con orixe no Reino Unido e que promove en todo o mundo a World Union of Wholesale Markets,que este ano contará coa participación de 3000 mercados de 18 países, entre os que destacan, ademais de España e o Reino Unido, Francia, Grecia, Alemaña, Italia, A China, Estados Unidos ou Brasil.

Sol Vázquez animou a todos os asistentes a sumarse a esta campaña que o ano pasado contou coa participación de 95 mercados galegos e máis de 3.000 praceiros e praceiras e que busca dinamizar estes espazos achegándose á cidadanía para potenciar a compra do produto local, ademais de poñer en valor o bo facer dos nosos profesionais.

6 de marzo de 2018 | 17:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.