publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta mantén a oferta de prazas financiadas con recursos públicos nos centros de día e ocupacional de ASPAVI

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPazos de Borbén
A-
A+

A directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola García Martínez, visitou hoxe no municipio de Pazos de Borbén os servizos que presta a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo (Aspavi) nos seus centros ocupacional e de día. A responsable do departamento autonómico enxalzou o traballo desta entidade que oferta en ámbolos dous recursos prazas sufragadas con fondos públicos.

Fabiola García destacou o labor de Aspavi para dar resposta ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual no campo ocupacional. Nesta liña, garantiu a continuidade do apoio do Goberno galego, que este ano 2018 mantén unha achega económica de preto de 252.000 euros para o concerto de 29 prazas, das cales 20 correspóndense coa oferta completa do centro ocupacional e as 9 restantes son para o centro de día que ten unha capacidade de 40 prazas.

Ademais, a directora xeral puxo en valor a ampla programación de obradoiros, así como de servizos asistenciais e terapéuticos que desenvolve Aspavi nestes dous equipamentos, a través dos cales “contribúe a que as persoas con discapacidade intelectual teñan unha mellor calidade de vida, ao tempo que tamén aprenden novas habilidades”.

Por último, destacou o feito de que os orzamentos autonómicos de 2018 aumenten case un 9% os recursos dirixidos ás persoas con discapacidade, ata chegar a preto dos 103 millóns de euros. Esta maior disposición de recursos económicos permitirá consolidar a rede de prazas de atención diúrna, aumentar os convenios coas entidades e federacións, mellorar a liña de axudas para a mellora da accesibilidade nos concellos e reforzar o plan de atención temperá.

7 de marzo de 2018 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.