publicidade hoxe

A Xunta coordínase co Ministerio do Interior e o resto de comunidades na loita contra o xihadismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaGalicia exteriorPortada esquerda
A-
A+
Alfonso Rueda na reunión en Madrid

Alfonso Rueda na reunión en Madrid

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe en Madrid nunha reunión entre o Ministerio do Interior e o resto das comunidades autónomas para coordinarse na loita e prevención do terrorismo xihadista.

Á xuntanza, que foi presidida polo ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, tamén asistiron os máximos responsables na materia a nivel estatal, así como os conselleiros de Interior do resto de comunidades autónomas.

O obxectivo do encontro foi facilitar información de primeira man aos responsables da seguridade das comunidades autónomas e abordar a necesaria coordinación para facer fronte ao xihadismo.

Así, unha das finalidades fundamentais da xuntanza foi deixar abertas canles de comunicación nesta área para facilitar información, tanto a través dos corpos policiais autonómicos ou locais, como a través doutras vías como poden ser os servizos sociais.

Tamén se fixo fincapé na necesidade de seguir mellorando a formación das policías autonómicas e locais, un esforzo que a Xunta xa leva facendo nos últimos tempos grazas aos cursos que oferta a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

12 de marzo de 2018 | 16:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.