publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta constata o interese por investir no rural coa boa acollida das axudas para impulsar iniciativas no sector agroindustrial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe o interese por investir no rural coa acollida das axudas para impulsar proxectos de transformación e comercialización de produtos agrarios, para as que se presentaron 121 solicitudes e que mobilizarán máis de 173 millóns de euros.

Nese sentido, subliñou que esta solicitude de investimento, de 173 M€ supón un incremento do 88% sobre os investimentos solicitados no ano 2016 e do 36% con respecto ao 2017.

Respecto ao reparto por sectores, cómpre destacar as axudas solicitadas para realizar proxectos no lácteo, cun investimento total previsto de algo máis de 64 millóns de euros. E, entre eles, sobresaen dous grandes proxectos na provincia de Lugo, cun investimento conxunto próximo aos 26 millóns, dirixidos á elaboración de queixo e ao envasado de leite líquido.

Teñen gran relevancia tamén outros dous proxectos na provincia da Coruña, cun investimento total de 23,4 millóns de euros, para a elaboración de queixos e ao procesado de subprodutos. Así como o investimento presentado dentro do apartado de outros sectores de actividade, superior aos 65 millóns, e que corresponde principalmente a proxectos relativos á elaboración de cervexa, aceite, mel e pratos preparados.

En relación ao sector cárnico, con 29 proxectos presentados e un investimento de 27,6 millóns, Feijóo salientou as iniciativas relativas a despezamento e elaborados de porcino, transformación de subprodutos e melloras tecnolóxicas en matadoiros de aves e coellos.

Así mesmo, teñen tamén gran importancia os 29 proxectos presentados dentro do sector de manipulación e transformación de froitas e hortalizas, e que corresponden principalmente a instalacións para o procesado de patacas, castañas, legumes e outros vexetais.

Por provincias, o presidente da Xunta destacou que dos 121 proxectos presentados: 38 sitúanse na da Coruña, 38 na de Lugo, 25 corresponden a Pontevedra, e os 20 restantes á provincia de Ourense.

Finalmente, o presidente da Xunta subliñou que as instalacións de transformación e comercialización de produtos posibilitan máis viabilidade das explotacións agrarias, máis valor engadido ás producións, máis facilidades para o seu acceso aos mercados e, por suposto, máis postos de traballo.

8 de marzo de 2018 | 17:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.