publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta colabora en tres obras co concello de Vimianzo grazas ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVimianzo
A-
A+
Marta Fernández-Tapias e Ovidio Rodeiro na visita ao concello de Vimianzo

Marta Fernández-Tapias e Ovidio Rodeiro na visita ao concello de Vimianzo

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe varias actuacións desenvolvidas no concello de Vimianzo ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA). Xunto a ela estiveron o delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde da localidade, Manuel Antelo.

En concreto puideron comprobar a rehabilitación do centro de interpretación dos minerais, a recuperación dun espazo degradado na contorna do complexo deportivo municipal para zona de adestramento e a posta en marcha do punto limpo e mellora do servizo de recollida de lixo. Os tres proxectos sumaban un orzamento de máis de 130.000 euros, dos que a Vicepresidencia da Xunta subvencionou máis de 120.000.

O Goberno galego ten en marcha dende o ano 2010, o Fondo de Compensación Ambiental, unha iniciativa que permitiu que por vez primeira os concellos galegos puideran beneficiarse directamente da explotacións eólicas, posto que as actuacións que se realizan son financiadas a través do canon eólico.

Ao abeiro destas axudas, o ano pasado na liña non competitiva concedéronse subvencións a 112 concellos para a execución doutros tantos proxectos que incluían investimentos e/ou gastos de funcionamento. Na liña competitiva concedéronse 104 subvencións para o desenvolvemento de proxectos ambientais, que foron 7 mancomunidades de concellos, 2 consorcios locais, 77 concellos e 18 agrupacións ou asociacións de concellos, que reúnen un total de 42 concellos.

O pasado mes de xaneiro publicáronse no Diario Oficial de Galicia as convocatorias para este exercicio do Fondo de Compensación Ambiental, así como da Orde de Infraestruturas -tamén dirixida a concellos-, superando entre ambas os 13 millóns de euros.

12 de marzo de 2018 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.