publicidade hoxe

A Xunta apoia o estilo de vida activo entre os maiores galegos para gañar en autonomía e benestar físico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
José Manuel Rey Varela na inauguración das novas instalacións. Foto: M. Fuentes

José Manuel Rey Varela na inauguración das novas instalacións. Foto: M. Fuentes

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañado do delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, acudiu esta mañá á inauguración da sala de actividade física multicompoñente por máquinas da residencia e centro de día La Milagrosa na localidade herculina. Grazas a este novo espazo, os usuarios poderán mellorar a súa masa muscular o que os dotará de maior autonomía e independencia.

Na súa intervención, o conselleiro sinalou que a atención aos maiores é un dos obxectivos prioritarios das políticas sociais en Galicia. Nesta liña, engadiu que que para que esta sexa a mellor posible cómpre a colaboración e coordinación entre as distintas administracións, cas entidades e axentes sociais e tamén coa iniciativa privada, que en moitos casos complementa e acompaña a acción pública.

Ademais, Rey Varela indicou que os maiores son unha prioridade para a Xunta de Galicia, por iso nos orzamentos autonómicos de 2018 “incrementamos en máis dun 11% os recursos económicos dirixidos a eles con respecto ao ano pasado, chegando aos 310 millóns de euros”, afirmou.

Este aumento orzamentario está permitir consolidar a rede de prazas residenciais e de atención diúrna; potenciar os coidados profesionais na contorna familiar a través do Servizo de Axuda no Fogar e os programas de Teleasistencia e Xantar na Casa; e ampliar o número de dependentes galegos que reciben prestación e que na actualidade supera xa os 56.000. Así mesmo a Xunta está a mellorar a oferta de actividades de ocio, formación e tempo libre dos maiores para que manteñan un modo de vida activo.

“O obxectivo é que esta terra sexa o mellor lugar para ser maior e tamén para facerse maior”, concluíu Rey Varela.

19 de marzo de 2018 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.