publicidade hoxe

A Xunta achega 32.000 euros ao concello de Pazos de Borbén para melloras de eficiencia enerxética na iluminación pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias acompañada do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves visitou esta maña as actuacións levadas a cabo no concello ao abeiro das axudas da Vicepresidencia.

Marta Fernández- Tapias indicou que grazas á Orde do Fondo de Compensación Ambiental leváronse a cabo melloras da eficiencia enerxética da iluminación pública en Gorgoreiro-Moscoso, e lembrou que as convocatorias do Fondo de Compensación Ambiental e da Orde de Infraestruturas para este ano, superan os 13 millóns de euros.

A Xunta continúa a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como Administración máis próxima aos administrados, converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional, co obxectivo último de garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio, de tal xeito que a cidadanía galega teña unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia.

22 de marzo de 2018 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.