publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Escola Galega do Deporte autorizada para impartir o bloque común das actividades de formación deportiva de período transitorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaGalicia
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se autoriza o bloque común das actividades de formación deportiva, na modalidade a distancia, no centro público Escola Galega do Deporte, de Pontevedra. Esta disposición apróbase despois de que no mes de agosto se autorizara a apertura e o funcionamento do centro público Escola Galega do Deporte, de Pontevedra, para impartir o bloque común das actividades de formación deportiva. Deste xeito autorizábase o órgano académico da Secretaría Xeral para o Deporte para as formacións deportivas de período transitorio de adestrador deportivo dos graos I, II e III.

Segundo a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, a Escola Galega do Deporte é o órgano académico da Administración deportiva autonómica para impartir a formación deportiva no ámbito da Comunidade Autónoma, así como o centro de documentación, investigación, estudo e documentación deportiva, sen prexuízo das atribucións que lle correspondan á consellería competente en materia de educación.

A Escola Galega do Deporte impulsará a subscrición dos convenios coas universidades galegas e cos demais centros de ensino onde se impartan estudos da rama da actividade física e do deporte, e coas entidades deportivas galegas.

Na última reunión do Foro do Deporte Federado ‘Optimizando sinerxías’, a impartición do bloque común das actividades de formación deportiva en período transitorio por parte da Escola Galega do Deporte foi un dos puntos tratados con maior profusión polo que agora, na vindeira xuntanza do foro volverase a abordar este tema para facilitar ás federacións deportivas de Galicia a formación dos seus técnicos. Ademais da autorización para impartir o bloque común das actividades de formación deportiva, tanto na modalidade presencial como a distancia, a Escola Galega do Deporte traballa nunha programación completa para levar a cabo a política formativa da Secretaría Xeral para o Deporte.

8 de marzo de 2018 | 15:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.