publicidade hoxe

A entidade local menor de Chenlo intégrase no Sistema Único de Rexistro da Administración autonómica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO PorriñoPontevedra
A-
A+

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse ata a entidade menor de Chenlo, no Porriño, para comprobar xunto ao alcalde pedáneo, Alejandro Lorenzo, a posta en funcionamento da actividade administrativa, a efectos de rexistro, para a documentación dirixida a Administración autonómica.

Un dos obxectivos principais do programa de reforma e modernización da Administración autonómica é o achegamento físico das oficinas administrativas aos cidadáns, na procura dunha mellora dos servizos que se prestan á cidadanía. Con esta finalidade, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) firmaron no 2010 un convenio, aínda vixente, para o desenvolvemento da administración electrónica nas entidades locais da Comunidade.

A adhesión da entidade menor de Chenlo a este convenio foi autorizada pola Dirección Xeral de Administración Local, dependente da Consellería Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

28 de marzo de 2018 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.