publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra destina a Dozón máis de 40.000 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDozónPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra aprobou, a través de sendas resolucións presidenciais, as dúas primeiras axudas ao Concello de Dozón ao abeiro da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos 2018-19.

Por un valor de 42.965,05 euros, estes investimentos permitirán levar a cabo obras de reparación do firme en Reboredo, A Quella, Requeixo e Rodelas, e reformar a caseta de depósitos de auga en Vilarello ademais de repoñer o pavimento e a canalización neste mesmo núcleo e no camiño de Corredoira.

Coa suma destas dúas primeiras achegas, Dozón ten adxudicado o 7 % do total que ten a súa disposición co Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra, isto é 616.010,07 euros, un 73,16 % máis que no ano 2017.

5 de marzo de 2018 | 17:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.