publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña aproba 1,2 millóns de euros para as obras de ampliación e mellora da estrada de Loiba, en Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOrtigueira
A-
A+

A Deputación da Coruña destinará 1,2 millón de euros para financiar as obras de ampliación e mellora da estrada DP 6104 de Loiba a Picón, no termo municipal de Ortigueira.

O proxecto, que vén de ser aprobado por unanimidade no pleno provincial do pasado venres, é un dos de maior envergadura e orzamento dos que manexará en 2018 o servizo de Vías e Obras da institución provincial.

A estrada parte da AC-862 e diríxese ao norte, comunicando os núcleos de Loiba, A Peneda, Maciñeira, Burreiros, Fontela y O Picón. A pesar da súa estreitez (entre catro a cinco metros nos primeiros 800 metros e menos de 4 metros de ancho a partir deste punto), trátase dun vial moi transitado, posto que conduce a algúns dos principais atractivos turísticos da zona, coma os cantís ou o banco de Loiba.

As obras executaranse no tramo comprendido entre o inicio do vial e o punto quilométrico 2+400 e incluirán a ampliación da plataforma desde os 4 metros actuais ata un total de 6 metros. Ademais dotarase de novas beiravías de 0,5 metros.

O trazado parte da estrada AC 862, onde se ampliará a intersección existente e deseñarase unha semiglorieta de 8 metros de radio interior para canalizar os movementos de xiro dos vehículos. A partir dese punto, a estrada discorre en pendente descendente nun tramo de 240 metros, seguido dunha pendente ascendente hasta o alto do paso superior sobre as vías do FEVE (pk 0+800).

O trazado continúa alternando lixeras subidas e baixadas ata alcanzar o alto do ramal dos cantís de Loiba, á altura do pk 2+400. Neste punto prevese a execución dunha glorieta de de 16 metros de radio e carrís de catro metros para permitir os movementos de xiro dos autobuses, que ocasionan problemas na época estival cando se da unha maior afluencia de visitantes. A nova rotonda dará servizo ao ramal dos cantís e ao núcleo de Fontela.

Áreas de aparcamento

Nas inmediacións da glorieta disporanse sendas áreas de estacionamento para vehículos. Unha delas destinada exclusivamente a autobuses e outra para turismos e motocicletas.

A capacidade estimada é de catro autobuses, 10 motocicletas e 35 turismos. Resérvase tamén unha zona para estacionamento para de vehículos de persoas con discapacidade.

Nos 250 metros que separan o aparcamento da zona de O Picón construírase unha senda peonil de 2 metros de ancho que contribuirá a mellorar a seguridade peonil.

O orzamento total dos traballos é de 999.768,51 euros, aos que haberá que sumar outros 203.312,15 € para expropiacións. O prazo de execución previsto é de 9 meses a partir do inicio das obras.

Pavimentación de estrada en Cariño

O pleno aprobou tamén as obras de mellora do firme e estabilización dun talud na estrada provincial DP 6115 de A Cerca á praia de Figueroa, no termo municipal de Cariño, nas que a Deputación investirá 125.658, 06 euros.

Os traballos consistirán na pavimentación cunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 cm. de espesor nun tramo de 1,2 quilómetros e a estabilización dun talud mediante a execución dun novo muro de escollera no punto quilométrico 1+060.

O proxecto inclúe o repintado do vial e colocación de nova sinalización vertical. O prazo de execución é de tres meses.

26 de marzo de 2018 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.