publicidade hoxe

A Consellería de Medio Rural acondiciona o entorno da igrexa de San Xurxo de Torres, en Vilarmaior, por 40.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVilarmaior
A-
A+

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, supervisou esta mañá os traballos de humanización do entorno da igrexa de San Xurxo de Torres, no concello coruñés de Vilarmaior, para o que se destinou un orzamento de case 40.000 euros.

As obras de acondicionamento consistiron no axardinamento do entorno da igrexa e a construción de aseos e dun equipamento recreativo. E sempre respectando o estilo románico da igrexa. O seu entorno acolle anualmente unha importante carga de eventos socioculturais a que asisten ademais dos veciños numerosos turistas, pois está situada no entorno do parque natural das Fragas do Eume e alí se poden atopar pinturas rupestres e petróglifos.

Este tipo de proxectos, denominados senlleiros, teñen como obxectivo mellorar a calidade de vida dos veciños a través da posta en valor das infraestruturas situadas no rural e que contribúen a dinamización de actividades socioculturais na zona. O director xeral puxo en valorar este tipo de iniciativas, pois ademais de contribuír a fixar poboación no rural, permiten satisfacer as necesidades dos veciños e os seus equipamentos básicos.

Proxectos financiados

A Consellería do Medio Rural achegou case un millón de euros en 2017 para financiar diferentes proxectos singulares en 15 concellos galegos, como o que hoxe se visitou. Este tipo de iniciativas contribúen a mellorar as infraestruturas localizadas no agro galego e que son empregadas en beneficio dos veciños da zona. Entre estes proxectos salientan o acondicionamento do antigo matadoiro para secado de xamóns na Cañiza ou a rehabilitación da ponte da Carixa, en Vila de Cruces. No eido do patrimonio tamén se traballou na recuperación dun muíño do século XIX no Bolo ou a restauración das pontes de San Lourenzo e Almofrei, ambas en Cerdedo-Cotobade.

Outros proxectos que recibiron apoio de Medio Rural centráronse por exemplo na adaptación das antigas oficinas veterinarias das naves da feira de Rubián, en Bóveda, para convertelas nun local social ou diversas melloras no recinto feiral de Melide.

27 de marzo de 2018 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.