publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A conselleira do Medio Rural e o alcalde de Vila de Cruces acordan impulsar as parcelarias neste concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVila de Cruces
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Vila de Cruces

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde de Vila de Cruces

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde co alcalde de Vila de Cruces, Jesús Otero, para abordar o impulso dos procesos de reestruturación parcelaria neste concello pontevedrés. Ambos falaron das posibilidades de fomentar novas reestruturacións parcelarias en zonas como Loño, Arnego ou Toiriz e avaliaron a boa marcha do proceso que xa se está a desenvolver en Brandariz. Por outra banda, o rexedor e a conselleira acordaron tamén seguir colaborando en materia de loita contra os incendios forestais e, neste sentido, o alcalde trasladou, entre outras cuestións, o seu interese por renovar o actual camión motobomba municipal.

8 de marzo de 2018 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.