publicidade hoxe

Vinte desempregados de Ourense participan nun obradoiro que centra a súa actividade na mellora das ribeiras do río Barbaña e do Barbañica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Marisol Díaz e Jesús Vázquez na visita á iniciativa

Marisol Díaz e Jesús Vázquez na visita á iniciativa

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, está a desenvolver no concello de Ourense o obradoiro de emprego Ribeiras do Barbaña que ofrece formación e traballo a 20 persoas desempregadas do municipio ourensán durante un total de 9 meses. A súa actividade destínase a mellorar as ribeiras dos ríos Barbaña e Barbañica entre a rúa Presa e o límite do concello de Barbadás. A lonxitude da actuación é de 3,3 quilómetros en cada marxe, o que supón o acondicionamento dun total de 6,6 quilómetros.

Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realizan. Tamén posibilitan que os participantes ademais de recibir formación tamén perciban o salario mínimo interprofesional.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá este obradoiro de emprego, acompañada do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e do xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Santiago Álvarez.

Esta iniciativa está a formar aos alumnos e alumnas nas especialidades de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería; operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización; e, por último, traballos de carpintería e moble. O alumnado levará a cabo traballos de acondicionamento do paseo e zonas verdes das ribeiras dos ríos Barbaña e Barbañica,

Díaz Mouteira subliñou o esforzo da Administración autonómica para mellorar a empregabilidade no concello da cidade a través de distintos programas e cursos. Así, lembrou que este ano a Xunta lle concedeu ao concello da capital un segundo obradoiro, neste caso de garantía xuvenil e cunha duración de seis meses, que beneficia a outras 15 persoas desempregadas e que centra a súa actividade no Parque botánico de Montealegre co obxectivo de revalorizar o patrimonio natural e paisaxístico autóctono da zona.

14 de febreiro de 2018 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.