publicidade hoxe

Vigo pon en marcha este venres o servizo de paradas de autobús nocturno para mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

O alcalde destacou a aceptación “unánime” da nova medida por parte dos cidadáns e dos traballadores da concesionaria de transporte urbano na cidade. Este venres, desde as 22:30 horas, as mulleres poderán solicitar a parada do bus no lugar que decidan da ruta urbana.

O novo servizo de paradas de autobús nocturno para mulleres comezará a funcionar este venres, segundo anunciou o alcalde, Abel Caballero. A nova medida, destinada a dar maior seguridade ás usuarias no regreso ao seu domicilio, empeza ás 22:30 horas en todos os autobuses, incluídas a tres rutas nocturnas.

“Teño que dicir que hai unha aceptación extraordinaria por parte dos cidadáns en xeral, das mulleres usuarias en particular e dos traballadores da concesionaria, todos están encantados con este servizo e hai unha unanimidade total”, asegurou Abel Caballero.

Día da Loita contra o Cancro Infantil

Ademais, o alcalde avanzou que a noite deste xoves acenderase a iluminación das fontes da rúa Aragón con motivo do Día da Loita contra o Cancro Infantil. Tamén sinalou que debido a meteoroloxía desfavorable cancelarase o acto que estaba previsto na Porta do Sol coa asociación Bicos de Papel.

15 de febreiro de 2018 | 15:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.