publicidade hoxe

Valentín García participa na presentación de ‘Confraría da Humildade. Semana Santa 2018. 10º aniversario fundacional’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
Valentín García na presentación da revista. Foto: X. Crespo

Valentín García na presentación da revista. Foto: X. Crespo

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe pola mañá na presentación da nova revista Confraría da Humildade. Semana Santa 2018. 10 aniversario fundacional, unha publicación anual e gratuíta que edita esta confraría compostelá por terceiro ano en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Participaron no acto, ademais do secretario xeral, David Forján e Rita Míguez, irmán maior e secretaria da entidade, respectivamente.

O volume ofrece, entroutra información, a historia dende a súa fundación ata o momento actual, imaxes da saída procesional, da súa imaxe titular, Nosa Señora da Humildade, e dos cultos e actos organizados pola confraría compostelá. Presenta tamén percorrido que realiza a Humildade cada Luns Santo, así como unha referencia ás datas, horarios e lugares de saída das 17 procesións que percorren as rúas da capital de Galicia cada Semana Santa. Neste 2018, esta publicación adquire un sentido especial, ao presentarse como unha oportunidade para rememorar os soños e ilusións que dez anos atrás fixeron posible a súa fundación.

22 de febreiro de 2018 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.