publicidade hoxe

Preséntase I edición dos premios “Son Muller 2018”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaLugoLugoPortada dereita
A-
A+
Presentación do "Son Muller 2018"

Presentación do “Son Muller 2018”

A Xunta participou na presentación da primeira edición dos premios “Son Muller 2018”, organizada pola Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, (AELU), que teñen como obxectivo promover, visibilizar e potenciar a participación da muller no entorno económico e social lucense.

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañados da presidenta e vicepresidenta da Asociación, Beatriz Varela e Juana Eiroa, respectivamente, visitaron esta mañá a sede de AELU, onde se presentou a primeira edición destes premios, que se reparten en tres categorías, Son Emprendedora. Son Empresaria e Son Empresaria Rural.

Susana López Abella animou a todas as mulleres lucenses a participar neste premio, e avanzou que na gala de entrega, o vindeiro 8 de marzo -Día Internacional da Muller-, haberá un recoñecemento especial a unha empresaria lucense de recoñecido prestixio, pioneira no eido social e económico de Lugo.

A Secretaría Xeral da Igualdade colabora con AELU a través da orde de entidades de iniciativa social para programas para mulleres, e dende o ano 2010 ata o ano 2017 subvencionou con máis de 40.000 euros programas de apoio ao autoemprego e iniciativas emprendedoras a mulleres da Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo.

A Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo ( AELU) é unha entidade sen ánimo de lucro, de carácter multisectorial, fundada no ano 1988, hai 30 anos, e que representa os intereses de máis de 150 empresas integradas, sendo o perfil das mulleres asociadas o de propietarias, copropietarias, socias e accionistas que exerzan activamente a función directiva dentro da empresa, mulleres que desempeñen as xerencias das empresas ou cargos directivos de responsabilidade e mulleres incluídas en réximes especiais de Seguridade Social.

A Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo realiza actividades baixo a premisa de promocionar e defender os valores humanos, sociais e profesionais da muller na súa condición de empresaria, establecendo como obxectivo fundamental a integración e fomento do asociacionismo entre as mulleres empresarias, executivas e directivas de empresas, sen esquecer a figura da emprendedora, que conta desta forma co apoio imprescindible da Asociación e os seus compoñentes tanto no inicio da súa actividade como ao longo de toda a súa vida empresarial, apoiándoa desde a idea orixinal ata chegar á maduración e consolidación do seu negocio.

6 de febreiro de 2018 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.