publicidade hoxe

Os alumnos de hostalería crean un restaurante dedicado en exclusiva á IXP Ternera Gallega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
Belén do Campo na visita ao Centro Superior de Hostalería de Galicia

Belén do Campo na visita ao Centro Superior de Hostalería de Galicia

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, visitou hoxe o Centro Superior de Hostalaría de Galicia para coñecer de primeira man o restaurante dedicado en exclusiva aos produtos certificados co selo Ternera Gallega que crearon os seus alumnos, baixo o nome de Vitellus. Trátase dunha iniciativa temporal posta en marcha esta semana por un dos grupos do último curso como proxecto de fin de carreira que comezou o luns e rematará mañá, venres.

Belén do Campo quixo coñecer de primeira man o traballo dos estudantes e comprobar os pratos que deseñaron con esta carne amparada por unha Indicación Xeográfica Protexida. Aproveitou a súa presenza para felicitar e agradecerlles a estes mozos a súa aposta por un produto tan noso como a tenreira galega e animounos a seguir apostando polos alimentos de calidade certificada no seu futuro profesional. Tamén a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, se achegou hoxe para coñecer de primeira man esta iniciativa, ao igual que o fixo o pasado luns o presidente do consello regulador, Jesús González, para ofrecer o seu apoio aos promotores desta iniciativa.

Como parte da súa formación, o Centro Superior de Hostalaría de Galicia traspasa cada ano o seu restaurante aos alumnos de último curso. Trátase dunha iniciativa única a nivel estatal xa que supón ceder temporalmente a xestión dun negocio real (provedores, conformación do menú, cociña, servizo…) aos estudantes.

22 de febreiro de 2018 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.