publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Sergas adxudica por 342.000 euros a obra de reforma do centro de saúde da Illa de Arousa

A Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), vén de adxudicar, por un importe de 342.869 euros, á empresa COPCISA, SA, a obra de reforma do centro de saúde da Illa de Arousa, que terá un prazo máximo de execución de seis meses.

As obras de reforma do centro de saúde da Illa de Arousa son o resultado dun acordo asinado entre a Consellería de Sanidade e o Concello da Illa de Arousa para mellorar as condicións de accesibilidade do centro sanitario e favorecer unha maior independencia funcional dos actuais usuarios.

A superficie da que dispón actualmente o centro de saúde é de 402 metros cadrados. As obras de reforma suporán a intervención nun total de 346 metros cadrados construídos, entre mellora e ampliación, polo que esta infraestructura sanitaria do Sergas aumentará a súa superficie ata alcanzar os 532 metros cadrados.

15 de febreiro de 2018 | 16:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.