publicidade hoxe

O primeiro ‘Café Faladoiro’ sobre o cambio climático trata de implicar á cidadanía na solución e medidas que mitigen este fenómeno global

Intervención da directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Intervención da directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, destacou esta tarde a posta en marcha do primeiro Café Faladoiro, unha iniciativa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que busca implicar ao conxunto da sociedade na procura de solucións e medidas que mitiguen os efectos do cambio climático no contexto actual.

A directora xeral agradeceu a participación de Xavier Labandeira, membro do IPCC para a elaboración do 5º Informe de avaliación sobre o cambio climático e catedrático de Economía na Universidade de Vigo, así ao do público asistente que abriron un debate e un espazo para o intercambio en torno a este fenómeno global. A directora sinalou que este foro non só serve para coñecer as inquedanzas da sociedade sobre esta materia, senón tamén que aportan nomes de persoas e propostas de referencia na loita contra o cambio climático.

Ferreira Costa indicou que esta iniciativa, que terá continuidade noutras datas e noutros escenarios, como o ámbito universitario, o tecido empresarial…, busca fomentar a participación da cidadanía en xeral, a través de actividades de divulgación en materia de cambio de cambio climático e sustentabilidade ambiental. Recordou que Santiago tamén acolleu en outubro do pasado ano o Climathon 2017, un encontro que por primeira vez se celebraba en Galicia e que se sumaba ás case 250 cidades de máis de 70 países, nos que se debatía simultaneamente durante unha xornada sobre como fenómeno impacta na actividade socioeconómica.

A directora xeral recordou que este ano marcará un antes e un despois en Galicia en materia de cambio climático, xa que se presentará o borrador da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, un documento ambicioso e multidisciplinar que marcará a folla de ruta nesta materia; e coa continuación dos traballos na Estratexia Galega de Sustentabiliade, coa que se definirá o camiño a seguir e marcará as pautas para a sociedade, os axentes produtivos e a propia Administración.

Lembrou que dita folla de ruta estará centrada en crear unha economía baixa en carbono, eficiente e sustentable e no uso dos recursos; na definición de medidas de adaptación aos efectos xa evidentes do cambio climático en Galicia, e na aplicación de medidas de concienciación e sensibilización da poboación para conseguir a implicación de todos na loita contra este fenómeno. No ámbito da sustentabilidade ambiental tamén se presentarán ao longo de 2018 as liñas de actuación.

6 de febreiro de 2018 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.