publicidade hoxe

O Portal de Transparencia incrementou nun 242 por cento as peticións de acceso á información con respecto ao ano anterior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+
Alfonso Rueda na entrega dos informes á Valedora do Pobo

Alfonso Rueda na entrega dos informes á Valedora do Pobo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso indicou hoxe que durante o ano pasado foron xestionadas case 800 peticións de acceso á información pública no Portal de Transparencia da Xunta, fronte ás 233 de 2016, o que reflicte un incremento do 242 %. O 93% da peticións xa se resolveron, estando o restante 7% en fase de tramitación.

Alfonso Rueda, acompañado da directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto presentoulle esta mañá á valedora do Pobo, Milagros Otero, o balance estatístico do Portal de Transparencia e Goberno aberto posto en marcha pola administración autonómica en marzo do ano 2016.

O Portal de Transparencia contén máis de 650 páxinas web e dá cumprimento á Lei galega de transparencia, que ten como obxectivo fundamental facilitar á cidadanía unha maior cantidade de información da que dispoñía ata o momento e máis da que establece a lexislación básica estatal: en concreto, máis de 50 elementos a maiores. Deste xeito, Galicia converteuse na comunidade autónoma que máis obrigas ten asumido a través da súa normativa autonómica. Dende a súa posta en marcha ata o remate de 2017 o portal recibiu máis de 170.000 visitas e foron consultadas máis de 785.000 páxinas. Tamén se incrementou en máis dun 600%, o uso da sede electrónica.

No encontro, o vicepresidente tamén fixo entrega do informe da oficina de defensa dos usuarios dos servizos públicos, en relación coas suxestións e queixas achegadas polos cidadáns. Este documento dá cumprimento á Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa Administración, e recolle os datos de tramitación das suxestións e queixas relativas ao funcionamento do sector publico autonómico correspondente ao ano 2017.

O Informe especifica que durante o pasado ano, recibíronse un total de 728 queixas e 68 suxestións a través das canles habilitadas para tal efecto, como son o rexistro da Xunta, por teléfono ou de xeito electrónico, cun notable incremento do emprego da presentación telefónica e electrónica, fronte á presentación presencial, que baixa un 25%.

21 de febreiro de 2018 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.