publicidade hoxe

O Museo de Belas Artes enriquece a súa colección permanente co depósito de tres pinturas de Alberto Datas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

O Museo de Belas Artes da Coruña enriquece a súa colección permanente de arte galega co depósito de tres pinturas do artista Alberto Datas que a familia realiza coincidindo cos actos de homenaxe ao artista cando se cumpre o aniversario do seu pasamento.

Trátase de tres lenzos monumentais realizados por Alberto Datas durante a súa etapa de madurez. Cabeza, Añoranza Galaica II e Rosalía son os títulos destas tres pezas que pasan a integrar a exposición permanente deste museo de xestión autonómica, pero antes, ata o 25 de febreiro, poderán ser contempladas no espazo de acceso ao centro museístico.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación das obras e agradeceulle á familia o seu acto de xenerosidade “compartindo esta mostra da produción artística de Alberto Datas co pobo galego”, que, engadiu, “completa, dalgún xeito, o panorama de orientacións artísticas vangardistas da segunda metade do século XX”. O responsable de Cultura estivo acompañado pola directora do museo, Ángeles Penas, pola viúva e polo fillo do autor, a pintora Estrella Medina e Alejandro Datas Medina, respectivamente, así como polo escritor Xavier Seoane, que fora amigo do artista.

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle tamén, dentro desta homenaxe ao pintor, unha conversa ao redor da obra de Datas co escritor Xabier Seoane, do que foi grande amigo, ás 20.00 horas, seguida da proxección do documental de RTVE La aventura del saber: Alberto Datas, realizado polo seu fillo, ás 20.30 horas. Péchanse os acto cun concerto de clarinete a cargo de Marta Sancho Andrés, ás 21.00 horas.

Un referente para a xeración Atlántica

A traxectoria artística de Alberto Datas Panero (A Coruña, 1935 – Madrid, 2007) estivo marcada por unha constante busca de novos horizontes conceptuais e expresivos. Asimilou as novas tendencias creativas da segunda metade do século XX que, sen conceder grande importancia á organización compositiva, valoraban a expresividade do creador. Datas creou unha poética pictórica persoal que progresivamente dedicaría maior importancia á cor intensa e ao impulso expresivo.

Considerado como un referente para os artistas galegos do grupo Atlántica cos que colaborou na década dos anos oitenta, contribuíu a definir a filosofía do atlantismo dentro do seu espírito internacional.

9 de febreiro de 2018 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.