publicidade hoxe

O DOG publica os cursos de formación para os voluntarios de Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria dos cursos de formación para os voluntarios de Protección Civil cursos de formación continua para voluntarios de Protección Civil e para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Os cursos para o persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia, pódense consultar na http://agasp.xunta.gal, na epígrafe Formación, onde se especifican o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. As actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e de tarde. Todos os cursos convocados realizaranse na Academia Galega de Seguridade Pública, sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas ou módulos destas se poidan facer fóra das súas instalacións.

Os requisitos para poder solicitar a inscrición nos cursos son ter superado o curso básico de protección civil, estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC, e deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.

O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal, non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude. O prazo de inscrición é de 10 días naturais a partir de mañá.

Cursos de reciclaxe de socorrismo acuático para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

O Decreto 104/2012, do 16 de marzo fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, ademais establece os requisitos que deben reunir os socorristas acuáticos para exercer a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, sendo requisito indispensable a inscrición no mencionado rexistro.

As persoas que realicen a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia deben renovala cada catro anos actualizando a formación adquirida, mediante a acreditación da realización de cursos de formación continua dunha duración mínima de catro horas sobre cada un dos módulos teórico-prácticos asociados ás unidades de competencia da cualificación profesional correspondente.

Polo que este curso actualiza a formación necesaria para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia e abrangue temática referente a natación, prevención de accidentes en instalacións acuáticas e naturais, rescate de accidentados e primeiros auxilios.

23 de febreiro de 2018 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.