publicidade hoxe

O conselleiro de Sanidade destaca o compromiso do Sergas co cancro infantil

Jesús Vázquez Almuíña nos actos organizados por Asanog. Foto: X. Crespo

Jesús Vázquez Almuíña nos actos organizados por Asanog. Foto: X. Crespo

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asistiu hoxe aos actos organizados pola Asociación de ayuda a niños oncológicos de Galicia (Asanog) polo Día internacional do neno con cancro no Complexo hospitalario universitario de Santiago, así como a inauguración da nova sede de Asanog. Cada ano prodúcense uns 155 casos de cancro infantil por cada millón de nenos entre cero e 14 anos, sendo os máis frecuentes as leucemias, os linfomas e os tumores do sistema nervioso central.

Almuiña destacou o compromiso do Servizo Galego de Saúde con esta doenza, como demostra o convenio de colaboración asinado recentemente con Asanog, a creación da Unidade de oncoloxía Pediátrica de Galicia e a participación do Sergas no grupo de traballo do Ministerio de Sanidad para a mellora na organización da atención de oncoloxía pediátrica.

15 de febreiro de 2018 | 19:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.