publicidade hoxe

O concello de Tordoia chega ás 4.400 hectáreas concentradas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaTordoia
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, reuniuse esta tarde co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, para analizar a situación do seu consello con respecto ás reestruturacións parcelarias. Neste sentido, Tordoia conta xa con catro parcelarias rematadas: a de Gorgullos, Leobalde, Numide e Viladabade. Así, a superficie concentrada no concello chega a superar ás 4.400 hectáreas, o que significa que en torno ao 36% do territorio municipal está xa reorganizado.

Durante a reunión, o rexedor trasladou a posibilidade de iniciar novos procesos, en concreto na zona de Castenda. Neste sentido, a titular de Medio Rural comprometeuse a estudar as posibilidades e, como se fai nestes casos, levar a cabo os informes pertinentes. De feito, xa hai un estudo de impacto ambiental previo desenvolvido que agora deberá ser analizado.

8 de febreiro de 2018 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.