publicidade hoxe

Nava Castro anuncia a elaboración dun estudo sobre o impacto socioeconómico do Camiño de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+
Intervención de Nava Castro

Intervención de Nava Castro

A directora de Turismo, Nava Castro, avanzou hoxe no Parlamento de Galicia a elaboración dun estudo co obxectivo de analizar a realidade actual do Camiño de Santiago así como medir o seu impacto socioeconómico.

O traballo, que se está a desenvolver xa en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, ofrecerá unha imaxe certeira na nosa Comunidade da ruta xacobea, un dos activos turístico-culturais máis singulares e admirados en todo o mundo. A súa vitalidade e dinamismo reflíctese nos máis de 300.000 peregrinos que o percorreron en 2017, cifra que nunca antes se superara e que se debe a un fluxo constante ao longo de todo o ano.

“Queremos coñecer o seu alcance real e pegada, os perfís dos peregrinos e as tendencias actuais, así como os beneficios económicos que deixa”, avanzou na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, onde compareceu a petición propia para informar dos avances acadados no primeiro ano en vigor da Estratexia do turismo de Galicia 2020.

Neste sentido, sinalou as melloras en eidos como a desestacionalización da demanda, na especialización da oferta, na diversificación de fluxos ou na aposta pola excelencia e a profesionalización, adaptándose aos cambios do mercado. “Os datos estatísticos son moi positivos e amosan que a nosa Estratexia está a funcionar. Pero non podemos darnos por satisfeitos”, declarou. Por iso quixo escoitar as valoracións dos grupos parlamentarios a fin de telas en conta e poder incorporalas para seguir avanzando nos obxectivos da Estratexia.

Recursos naturais e calidade

Trátase dun documento deseñado en diálogo co sector e con achegas das universidades e diferentes axentes da sociedade e realizada baixo parámetros de calidade, sustentabilidade e competitividade. A Estratexia, como salientou a directora de Turismo, consolida Galicia “como un destino que sabe recoñecer aqueles recursos que mellor lle identifican e traballa por protexelos, poñelos en valor e compartilos cos cidadáns chegados doutros lugares”.

Consta de tres retos (territorio, gobernanza e proxección) e 11 liñas estratéxicas dotadas con 239 millóns de euros. A paisaxe, os recursos naturais e a sustentabilidade son unhas das principais prioridades e, de feito, é a primeira liña estratéxica e concentra o 37% dos fondos.

Ao respecto, Nava Castro lembrou as iniciativas impulsadas recentemente coa natureza e os recursos propios como base e que se plasman en produtos como Escenarios ao volante, Club da auga, Galicia surfing, Ruta dos faros ou as Experiencias nos parques naturais.

15 de febreiro de 2018 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.