publicidade hoxe

Medio Rural investiu máis de 300.000 euros nos últimos catro anos no acondicionamento dos camiños rurais de Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMoraña
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión coa alcaldesa de Moraña

Ángeles Vázquez na reunión coa alcaldesa de Moraña

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá á alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, para coñecer de primeira man as demandas e necesidades deste municipio pontevedrés relacionadas co agro. En concreto, estiveron analizando as obras levadas a cabo nos últimos anos para a mellora e acondicionamento dos camiños de titularidade municipal, para as cales Medio Rural investiu un orzamento superior aos 300.000 euros.

Aproveitando a reunión, a alcaldesa solicitoulle á conselleira a posibilidade de contar cunha motobomba para as tarefas de prevención e extinción de incendios forestais. A titular de Medio Rural tomou nota para a vindeira cesión destes vehículos e trasladoulle tamén a posibilidade de adquirir un tractor con desbrozadora para a limpeza da biomasa nas faixas de xestión, para o cal contaría cunha achega do seu departamento de ata 90.000 euros.

20 de febreiro de 2018 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.