publicidade hoxe

Medio Rural destaca o papel da distribución á hora de que os consumidores elixan produtos agroalimentarios galegos nos mercados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Belén do Campo na presentación da campaña no Eroski Center de Verín

Belén do Campo na presentación da campaña no Eroski Center de Verín

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, destacou hoxe a importancia que ten a distribución á hora de que os consumidores se decanten por un articulo ou outro e polo tanto sobre o éxito nos mercados dos produtos agroalimentarios de orixe galega.

“Precisamos de empresas de distribución como o grupo Vegalsa-Eroski, que segue a mostrar o seu compromiso estratéxico de promoción dos produtos das comunidades autónomas onde está implantada”, declarou Belén do Campo durante a presentación da campaña de Entroido no Eroski center de Verín que levará alimentos típicos destas festas aos seus establecementos de Galicia, Asturias e Castela e León.

A directora xeral destacou tamén outros exemplos, como o convenio asinado entre a firma de supermercados coa Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, en Xinzo de Limia, e que supón a comercialización de máis dun millón de quilos de pataca galega certificada. “Este tipo de accións, máis aló da venda dun produto de calidade, vai incidindo nos hábitos dos consumidores”, sinalou Do Campo.

Polo emprego no rural

Estes acordos son unha contribución máis ao mantemento das industrias agroalimentarias, que son á súa vez un factor clave para o fomento do emprego no rural e, polo tanto, para a fixación de poboación.

Neste sentido, a estratexia da Consellería do Medio Rural pasa por potenciar o recoñecemento de calidade que xa teñen os produtos galegos dentro e fóra das nosas fronteiras para aproveitar ese prestixio e aumentar a súa comercialización.

1 de febreiro de 2018 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.