publicidade hoxe

Medio Ambiente instala dúas novas estacións de calidade do aire en Xinzo de Limia e Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal PortadaPortada dereitaXinzo de Limia
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de instalar dúas novas estacións de calidade do aire nos concellos de Xinzo de Limia e Lalín. Ambas estacións contan con analizadores de gases contaminantes no aire ambiente (dióxido de xofre, dióxido de nitróxeno e óxidos de nitróxeno e ozono) que transmiten os seus datos a tempo real ao centro de procesado de datos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

A estación de Xinzo de Limia ten como principal función a avaliación da concentración do ozono, complementando os datos do resto de analizadores deste tipo xa existentes, debido a que a nova zonificación da calidade do aire de Galicia, realizada o pasado ano, amosou que era recomendable aumentar a monitorización deste elemento na zona sur de Galicia.

No caso de Lalín, é unha localidade que se atopa lonxe dos grandes focos emisores industriais, pero que ten unha actividade industrial de importancia, nos seus dous polígonos, unha actividade gandeira e agrícola na súa contorna e unha poboación de tamaño mediano, polo que fan que fan que esta vila sexa representativa da maioría das vilas galegas. Ademais atópase no centro xeográfico da Comunidade, polo que interesa avaliar a calidade do aire nesta zona, de xeito que se poda estudar a influenza dos ventos predominantes no transporte de contaminantes xerados a longas distancias. Tal e como indican desde MeteoGalicia, segundo a modelizacion realizada, nesta zona a contribución do Ozono tamén pode chegar a ser apreciable.

As novas estacións de calidade do aire de Lalín e Xinzo da Limia pasan a formar parte da Rede de Calidade do Aire de Galicia e os seus datos serán transmitidos a tempo real ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) e á Comisión Europea. Do mesmo xeito, poderán consultarse tamén a tempo real na páxina web de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es/Caire), xunto coa súa localización, dotación de analizadores e os informes realizados cos datos obtidos nesta estación.

Coa incorporación destas dos novas estacións á Rede de Calidade do Aire, a Xunta de Galicia mellora a cobertura xeográfica dos datos de contaminantes no aire ambiente e polo tanto tamén mellora a información que subministra á poboación da zona centro e sur de Galicia en relación á calidade do aire.

19 de febreiro de 2018 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.