publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Marta Míguez supervisa o estado do campo de fútbol municipal da Mata no Rosal (Pontevedra) tras as reparacións na bancada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaO Rosal
A-
A+

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe o concello pontevedrés do Rosal onde supervisou o estado final do campo de fútbol municipal da Mata tras as reparacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia e que consistiron na substitución parcial da cuberta do graderío. A necesidade destas obras viu determinada pola importancia do Concello do Rosal para a promoción do deporte en toda a comarca que comprende, sendo unha actuación imprescindible para mellorar o uso da instalación que se atopaba en estado deficiente.

A máxima responsable do deporte galego insistiu unha vez máis na importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega.

O importe total das actuacións realizadas ao abeiro do convenio asinado entre Xunta e Concello o pasado 17 de xullo de 2017, ascende a 10.000 euros que foron integramente subvencionados pola Secretaría Xeral para o Deporte.

6 de febreiro de 2018 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.