publicidade hoxe

José Manuel Balseiro presenta á nova directora da residencia de Burela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaLocal PortadaLugo
A-
A+
Balseiro xunto á nova directora da residencia de Burela

Balseiro xunto á nova directora da residencia de Burela

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou a residencia de Burela, e presentou á súa nova directora, Patricia García Sánchez, que hoxe tomou posesión.

Funcionaria de carreira da Xunta de Galicia, é titulada en Dereito e conta cunha ampla experiencia en diversas responsabilidades dentro da administración pública. Tamén exerceu como avogada, dispón dun mestrado en xestión e de formación específica en materia de dereitos das persoas con discapacidade e inclusión social.

A residencia de Burela ten unha capacidade de 88 prazas, das cales 58 son para residentes autónomos e 30 para residentes dependentes. Na actualidade conta cun cadro de persoal de 65 persoas que desenvolven a súa labor nas diferentes categorías, todas elas, relacionadas coa atención e coidados dos residentes.

O delegado aproveitou a visita para poñer en valor a profesionalidade de todo o persoal da residencia de Burela e para reafirmar o compromiso do Goberno galego coas persoas maiores, aos que queren seguir ofrecendo espazos de convivencia e atención cos máximos servizos e calidade.

De feito, a Consellería de Política Social, investiu preto de 85.000 euros nos últimos meses neste centro, en diversas obras de mellora e dotación de equipamentos e pequenos electrodomésticos, para mellorar as súas instalacións e os servizos que se prestan aos residentes.

1 de febreiro de 2018 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.