publicidade hoxe

Galicia diversifica a súa produción agraria e aumenta o número de xóvenes que apostan polos cultivos de horta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMeis
A-
A+
Ángeles Vázquez na visita a unha das empresas beneficiarias en Meis

Ángeles Vázquez na visita a unha das empresas beneficiarias en Meis

Galicia está tratando de diversificar o sector primario e pouco a pouco a horta vai gañando peso. Proba diso é que cada vez preséntanse máis solicitudes de axudas relacionadas cos cultivos á orde para mellorar as explotacións ou incorporar mozos que cada ano ofrece a Consellería do Medio Rural e que este ano chegarán aos 65 millóns de euros.

Nas subvencións que se veñen de resolver, ata 28 mozos incorporáronse a empresas relacionadas co cultivo de produtos. Falamos polo tanto o 6% dos 466 xoves que recibiron axudas correspondentes a 2017. No que se refire aos plans de mellora hai ata 30 beneficiarios deste sector (o 4%) e no caso das axudas para as pequenas explotacións fanse con ata o 15% das solicitudes.

Estes datos foron ofrecidos hoxe pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, nunha visita ao concello de Meis para coñecer un dos proxectos seleccionados en anos anteriores. Trátase da empresa Hortamanda, que nos últimos tres anos incorporou a tres traballadores mozos e polos que recibiu axudas de máis de 137.000 euros.

Sobre o terreo, a conselleira, acompañada polo alcalde, José Luis Pérez, e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, comprobaron a evolución dos traballos para sumar un novo invernadoiro que se construirá con outra achega da consellería de 4.500 euros (o 50% do orzamento da obra).

Alí, Ángeles Vázquez destacou que Meis en un lugar idóneo para cultivar porque as suaves temperaturas permiten ter horta de xeito continuado. Aproveitou a conselleira para sinalar que os produtos galegos “son moi apreciados” e proba diso é que o sector está crecendo, por iso, “temos que conseguir unha marca que nos identifique”, en referencia ao selo Horta Galega na que se está a traballar para implantala na comunidade.

“Temos uns produtos cunha calidade inconfundible e a sabor non hai quen nos gañe, así que temos que dar garantías de que os produtos veñen do noso territorio”, explicou a titular de Medio Rural.

12 de febreiro de 2018 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.