publicidade hoxe

Caballero anuncia Vigual como: “a marcha máis importante que se poida facer nunca pola igualdade”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, rodeado por deportistas de varios clubs (Sárdoma, FPR O Olivo, Xuvenil de Teis, Maniotas,…), atletas como Ester Navarrete, directivas, representantes dos patrocinadores privados e a concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou Vigual, unha marcha que se celebrará no centro da cidade e Casco Vello o domingo 11 de marzo.

Na “rolda de prensa máis multitudinaria que din en once anos”, explicou, o rexedor, este anunciou que “queremos que Vigo sexa a patria da igualdade, un lugar de encontro dende a igualdade”, e para iso explicou que “unha gran andaina de 4 quilómetros”, que se poderá realizar “correndo, camiñando ou a paso lixeiro”, manifestou, será un acto central de apoio aos actos do Día da Muller (8 de marzo). A marcha será o domingo 11 de marzo, ás 11:30 horas, e para a que trala presentación se abriu o prazo de inscrición gratuíta no portal www.championchipnorte.com.

Baixo o lema “Vigo móvese pola igualdade”, Caballero subliñou que “desta movilización queremos facer en Vigo unha gran bandeira”, e afirmou que elixiu o eido deportivo porque “o deporte é unha pantalla e un altofalante inmenso para a igualdade”.

O xefe do goberno municipal explicou que a inscrición será de balde e espera a resposta de “todo Vigo”, non só das mulleres, senón tamén de nenos e homes, “para a marcha máis importante que se poida facer nunca”.

A organización, a cargo das Concellerías de Igualdade e Deportes, servizo este dirixido polo edil Manel Fernández, incluirá actividades paralelas (hip hop, danza, baile deportivo, zumba…).

O percorrido foi programado polo centro, con saída e chegada na Porta do Sol, e paso por Policarpo Sanz, García Barbón, Rosalía de Castro, Serafín Avendaño, Areal, Colón, Marqués de Valladares, Fermín Penzol, Praza da Constitución, Elduayen e Ferrería ata alcanzar de novo a Porta do Sol.

Apoian a iniciativa municipal Altia, Frutas Nieves, Coca-Cola e Hyupersa, o concesionario oficial en Vigo de Hyundai.

12 de febreiro de 2018 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.