publicidade hoxe

Balseiro recibe ao equipo Club Baloncesto Breogán, campión da Copa Princesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+
Recepción aos responsables do equipo

Recepción aos responsables do equipo

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, acompañado do xefe do servizo provincial de Deportes, Manolo Otero, recibiron este serán o equipo Club Baloncesto Breogán, campión da Copa Princesa.

Balseiro, felicitoulles por este logro e polos outros moitos que están acadando nesta tempada onde as súas vitorias contribúen a incrementar a autoestima dos lucenses. “No deporte e na vida non hai nada sen esforzo, sen sacrificio, non hai nada sen afán de superación. Creo que disto xogadores e equipo técnico dades sempre boa mostra. Así que sabede que é unha honra que un equipo galego sexa campión de copa e estea dando a batalla desde o máis alto por un ascenso á ACB, que agardamos pronto se materialice”-concluíu.

7 de febreiro de 2018 | 18:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.