publicidade hoxe

Amtega e FEGAUS organizan un ciclo de xornadas sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas a persoas maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

A Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS), no marco das súas actividades como aliado do Plan de inclusión dixital de Galicia 2020 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de iniciar un ciclo de vinte charlas informativas sobre o uso de dispositivos móbiles dirixidas a persoas maiores.

Os contidos, explicados dunha forma amena e sinxela, están orientados para que os asistentes saquen o máximo partido do uso habitual da tecnoloxía, novas aplicacións e recursos que facilitan a vida cotiá como o orientados á planificación de viaxes, os trámites electrónicos, a fotografía e o vídeo, os pagos por internet ou as aplicacións relacionadas coa saúde e os coidados para una madurez mais activa.

Estas actividades informativas son gratuítas e desenvolveranse ata 23 de marzo, inclusive, en horario de 10:30 a 12:00 horas. Estas charlas poden seguirse en streaming dende calquera das dezaoito aulas CeMIT que participan e que ofertan un total de 600 prazas.

As aulas que retransmitirán algunha ou todas estas actividade son: Ames, Arzúa, Bande, Beariz, Boiro, Campo Lameiro, Carballedo, Celanova, Cuntis, Fisterra, Leiro, Marín, Oroso, Ortigueira, Pontevedra, Ribadeo, Valga e Xunqueira de Ambía.

É recomendable poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT participantes en cada unha das charlas ou inscribirse a través de internet no web https://cemit.xunta.es, para acudir as sesións presenciais, sendo o único requisito esixible o de ser usuario da rede CeMIT.

Aliad@s Dixitais

FEGAUS é un dos 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Amtega, ao que se poden adherir como tales aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.

O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.

FEGAUS (Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior) agrupa a 7 asociacións de alumnos e ex-alumnos dos Programas de Maiores dos 7 campus universitarios pertencentes ás tres universidades de Galicia: Santiago, A Coruña e Vigo, contando con arredor de 2.000 alumnos séniors.

21 de febreiro de 2018 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.