publicidade hoxe

A Xunta remítelle os horarios aos concellos da 2ª fase do Plan de acceso dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaGaliciaLocal PortadaPortada dereita
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda comunicoulle hoxe aos concellos implicados na 2ª fase do Plan de acceso dos autobuses interurbano ao centro da Coruña os novos horarios que entrarán en servizo o vindeiro luns, 26 de febreiro.

En concreto, o Goberno galego remitiulle hoxe os horarios das liñas aos concellos da Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros, Laracha, Carballo, Cambre, Betanzos, Oza- Cesuras, Curtis e Abegondo. No seguinte enlace pódense consultar os novos horarios: https://goo.gl/uFszYB

O próximo luns entrará en servizo a 2ª fase do Plan de accesibilidade do transporte interurbano na cidade, co que os autobuses dos corredores de Arteixo e Carballo xa accederán ao centro urbano con paradas na Praza de Pontevedra/ Juan Florez, Entrexardíns, Praza de Ourense, Costa da Palloza e Estación de autobuses.

O obxectivo último é facilitar os desprazamentos aos usuarios grazas a un maior número de liñas que poidan ter acceso todos os días e durante todo o día, ao centro urbano da Coruña.

Esta iniciativa permitirá chegar ao centro 17 liñas interurbanas máis que acumulan preto de 900.000 viaxes ao ano. Neste sentido, a Xunta dá continuidade á 1ª fase do plan, que nestes tres meses de funcionamento xa posibilitou que nas liñas melloradas, un de cada tres desprazamentos que entran ou saen da Coruña usaron as novas paradas do centro urbano.

22 de febreiro de 2018 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.