publicidade hoxe

A Xunta potencia o acceso ao mercado laboral das persoas en exclusión social coa CEO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurensePortada dereita
A-
A+
Presentación do programa ConBOrumbo

Presentación do programa ConBOrumbo

O director xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia, Arturo Parrado Puente participou hoxe na entrega de diplomas de actividades formativas así como na presentación da nova formación e servizos do programa ConBOrumbo da Confederación Empresarial de Ourense (CEO).

A Consellería de Política Social, a CEO e o Concello de Ourense, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo, puxeron en marcha o ano pasado esta iniciativa destinada fundamentalmente a garantir o acceso ao mercado laboral das persoas en exclusión social ou en risco de sufrila.

Deste xeito, a CEO desenvolverá unha serie de actuacións coas que buscará este obxectivo a través de cursos, actividades, charlas e intermediación co tecido empresarial entre outros, para que os destinatarios da iniciativa teñan máis posibilidades de incorporarse ao mundo laboral. Ademais, tamén ofrecerán asesoramento legal en materia de estranxeiría.

Arturo Parrado, destacou a importancia que teñen estas accións formativas para facilitar a empregabilidade dos colectivos que máis o precisan. “Colaborar con este tipo de iniciativas é unha obriga para o noso goberno, para conseguir que ningunha persoa quede atrás e que todos teñamos os mesmos dereitos e as mesmas oportunidades”, afirmou o titular autonómico.

Cómpre lembrar que a Xunta de Galicia investiu 151.985 euros entre os anos 2017 e 2018 na Confederación para a realización de diversas actividades formativas relacionadas coa repostería, a produción avícola ou o manexo de vehículos industriais como carretillas de carga.

26 de febreiro de 2018 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.