publicidade hoxe

A Xunta formou a 500 mulleres en defensa persoal fronte a situacións de violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia
A-
A+
Susana López Abella na reunión coa Federación Galega de Loita. Foto: X. Crespo

Susana López Abella na reunión coa Federación Galega de Loita. Foto: X. Crespo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe co presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal, para facer balance dos cursos de defensa impartidos por Fegaloita durante o pasado ano e nos que participaron máis de 500 mulleres.

A Xunta ofrece esta actividade, en colaboración con Fegaloita, aos concellos que están adheridos á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, e que actualmente engloba a un total de 190 entidades locais.

En 2017, os cursos de defensa persoal e autocapacidades para a prevención de situacións de violencia de xénero chegaron a 25 concellos e mancomunidades de Galicia: Mancomunidade de Ordes, Abegondo, Frades, Teo, Mancomunidade do Ribeiro, Nigrán, Crecente, Mancomunidade de Conso-Frieiras, Ribeira, Cenlle, Padrón, Mugardos, Chantada, Carballo, Cerdido, Muxía, Tordoia, Muros, Rábade, Arteixo, Valdoviño, Piñor, Viveiro, Barreiros e Moraña.

Ademais dos cursos de defensa persoal, a Administración autonómica tamén ofrece outras actividades aos concellos adheridos á Rede, como exposicións e actividades de concienciación, obradoiros educativos ou programas de asesoramento.

12 de febreiro de 2018 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.