publicidade hoxe

A Xunta dota dun novo sistema de climatización á escola infantil “A Galiña Azul” de Ames-Milladoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAmesLocal Portada
A-
A+
Perfecto Rodríguez na visita á Galiña Azul Ames Milladoiro

Perfecto Rodríguez na visita á Galiña Azul Ames Milladoiro

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe a escola infantil de Milladoiro (Ames), recurso para a conciliación da vida laboral e familiar integrado na rede autonómica “A Galiña Azul” e que neste curso 2017-2018 oferta un total de 102 prazas para nenos de 0 a 3 anos.

Rodríguez comprobou o correcto funcionamento do novo sistema de climatización instalado recentemente nese centro polo Consorcio, que supuxo un investimento de máis de 21.000 euros e cuxas vantaxes percibirán especialmente os pequenos durante o próximo verán. De feito, a Xunta responde dese xeito ás demandas dos pais dos alumnos, logo dos elevados picos de calor que se rexistraran ao longo do meses de xuño, xullo e agosto de 2017.

Ao longo da visita, o xerente do Consorcio destacou ademais as importantes melloras que o ente xa acometera na escola de Milladoiro, entre as que sobresae a reposición completa da cuberta, pero tamén reformas interiores como a reparación de humidades, fisuras e gretas producidas polo desgaste do edificio, o pintado de varias zonas, a instalación de rodapés e de novas portas de acceso para protexer as zonas de entrada-saída ou o arranxo da pérgola exterior, deteriorada polo efecto da forza do vento. Esas e outras actuacións comportaron un investimento superior aos 29.000 euros o que, sumado ao sistema de climatización, eleva o gasto no centro a máis de 50.000 euros nos dous últimos anos.

A rede autonómica de escolas infantís “A Galiña Azul” oferta neste curso un total de 184 prazas para nenos de 0 a 3 anos no concello de Ames, repartidas en dous centros: 102 (7 unidades), na escola de Milladoiro; e 82 (6 unidades), na escola de Bertamiráns, que entrou en funcionamento no curso 2016-2017. A taxa de cobertura pública nese municipio é na actualidade do 37,68%, o que supera en máis de catro puntos a taxa recomendada pola Unión Europea.

14 de febreiro de 2018 | 16:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.