publicidade hoxe

A Xunta colabora co concello de Lousame en melloras no parque do colexio da Silva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaLousame
A-
A+

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, acompañada da alcaldesa da localidade, Teresa Villaverde Pais, visitou esta maña as actuacións levadas a cabo no concello ao abeiro das axudas da Vicepresidencia.

Marta Fernández-Tapias indicou que grazas á Orde de Infraestruturas de uso público leváronse a cabo melloras no parque público no colexio da Silva,que contaron cunha axuda de preto de 34.000 euros. A directora xeral lembrou que esta Orde esta dirixida á creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalación equipamento dos servizos municipais dos concellos galegos, estando cofinanciadas polo Fondos Feader no marco do programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

A Xunta continúa a desenvolver medidas para potenciar e apoiar a prestación de servizos por parte dos nosos concellos, como administración máis próxima á cidadanía, converténdoos en motores do desenvolvemento económico rexional, co obxectivo último de garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e urbano, o interior e a costa que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio, de tal xeito que a cidadanía galega teña unhas óptimas condicións de vida, con independencia do seu lugar de residencia.

15 de febreiro de 2018 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.