publicidade hoxe

A Xunta asiste á reunión da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, asisitiu esta mañá á reunión da Comisión Interterritorial de Cooperación para o Desenvolvemento, na que se aprobou o ditame sobre a proposta do borrador do V Plan Director da Cooperación Española 2018-2021.

Jesús Gamallo resaltou a importancia que ten para Galicia o V Plan Director da Cooperación Española. Ofrece un marco estratéxico que posibilita a Galicia desenvolver unha planificación estratéxica complementaria coa Cooperación Española, tal e como vén sucedendo nos anteriores Plans Directores e como se plasmará no IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021), en fase de elaboración e que está sendo obxecto dun proceso de elaboración participativo, dando voz a todos os axentes galegos de Cooperación para o Desenvolvemento.

A Comisión Interterritorial de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento é o órgano consultivo e de coordinación, concertación e colaboración entre as administracións públicas que levan a cabo accións de cooperación ao desenvolvemento. Está presidida polo Secretario de Estado de Cooperación Internacional e para Iberoamérica e o Caribe do MAEC e forman parte dela representantes de diferentes departamentos da Administración Xeral do Estado, das comunidades autónomas e das entidades locais.

14 de febreiro de 2018 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.