publicidade hoxe

A secretaria xeral para o Deporte comproba o estado do pavillón municipal de Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArboDeportesDeportes PortadaLocal Portada
A-
A+
Marta Míguez na visita ao Concello de Arbo

Marta Míguez na visita ao Concello de Arbo

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, visitou na mañá de hoxe o concello pontevedrés de Arbo onde supervisou o estado final das obras de reforma levadas a cabo no pavillón municipal. A necesidade destas obras viu determinada pola importancia do Concello de Arbo para a promoción do deporte en toda a comarca que comprende, sendo unha actuación imprescindible para mellorar o uso da instalación que presentaba problemas que necesitan reforma e acondicionamento.

A máxima responsable do deporte galego insistiu unha vez máis na importancia da coordinación entre as diferentes institucións públicas para acadar un mapa de infraestruturas deportivas renovado e que cubra á perfección as necesidades da poboación galega.

O importe total das actuacións realizadas ao abeiro do convenio asinado entre Xunta e Concello o pasado 26 de setembro de 2017, ascende a 10.000 euros que foron integramente subvencionados pola Secretaría Xeral para o Deporte. Ademais, a secretaria xeral e o alcalde de Arbo estudaron a posibilidade de establecer novas vías de colaboración para a mellora das infraestruturas deportivas do municipio pontevedrés.

Cómpre sinalar que, segundo os Orzamentos da Comunidade Autónoma, a Secretaría Xeral para o Deporte destinará neste 2018 unha contía de 2.833.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia, dos que 1.100.000 euros corresponden ao Capítulo 760 para as obras nas infraestruturas deportivas dos concellos de Galicia.

1 de febreiro de 2018 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.