publicidade hoxe

A secretaría xeral de Igualdade incide na importancia da sensibilización e prevención ante a violencia de xénero entre adolescentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPantónPortada dereita
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella puxo de manifesto hoxe a importancia da sensibilización e prevención ante a violencia de control entre adolescentes, como públicos potenciais de nvas formas de malos tratos a través das redes sociais, como o ciberacoso, o sexting ou o ciberbullying.

Susana López Abella, acompañada do alcalde de Pantón, José Luis Álvarez Blanco visitou hoxe a exposición Á Violencia de Xénero… Dille NON!”, na Casa da Cultura da localidade, onde explicou que é unha exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións.

Segundo palabras da secretaria xeral da Igualdade, a mocidade constitúe un grupo especialmente vulnerable á violencia de xénero, polo que é necesario que os mozos e as mozas identifiquen e rexeiten condutas sexistas que ás veces, se toleran ou xustifican. Na visita á exposición participou o alumnado do CEIP Monte Baliño de Pantón.

A xuventude e a poboación adolescente deben contribuír de xeito singular á fin da violencia contra a muller, e vemos con preocupación, como perciben a violencia de xénero, porque algunhas das súas relacións afectivas e sociais teñen comportamentos discriminatorios e inadmisibles, verdadeiros sinais incipientes de violencia que anticipan outras manifestacións máis graves de maltrato.

Por todo iso resulta imprescindible que a mocidade de hoxe, protagonista da sociedade do mañá, comprenda, coñeza e identifique a violencia de xénero e recoñeza os primeiros sinais dos malos tratos sendo necesario seguir traballando na prevención e na sensibilización e visibilizar un problema de profundo calado social, rematou López Abella.

15 de febreiro de 2018 | 16:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.