publicidade hoxe

A produción industrial pechou 2017 cun incremento do 1,8%

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

Galicia pechou 2017 cun incremento da produción industrial do 1,8%, o que ratifica o destacado papel deste sector na recuperación económica da Comunidade.

O Índice de Produción Industrial (IPI) de Galicia medrou en decembro un 6,4% con respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que sitúa a Comunidade como a cuarta que máis sobe, tras Estremadura, Baleares e Castela – A Mancha, ademais de medrar máis do dobre que a media estatal que se situou nun 2,9%. A tendencia desvela, ademais, que o IPI mantivo un maior crecemento en Galicia respecto do conxunto do Estado desde a segunda metade de 2017.

Por sectores, destacan os incrementos na confección de roupa, do 18,9% durante o ano pasado; na industria da madeira e da cortiza, que sobe un 17,9%, e da fabricación de vehículos a motor, cun incremento do 6,2%.

Esta tendencia no crecemento industrial completouse durante o ano pasado cun incremento das exportacións do 7,8% ata novembro de 2017; unha mellora do sector no mercado laboral xa que o paro industrial descendeu en preto dun 14% a peche de 2017 con respecto a decembro de 2016 e, segundo os últimos datos da EPA, foi o sector económico que creou máis emprego no último ano cun ritmo de crecemento do 4,71%; e a creación de máis de 4000 empresas cun incremento do capital, con respecto a 2016, do 55%

O Goberno galego está apoiando o incremento da produción industrial a través da Axenda Industria 4.0, que ten entre os seus obxectivos para o ano 2020 que o peso da industria creza no PIB galego. Así como a través da nova Lei de implantación empresarial que busca facer de Galicia unha terra de oportunidades favorecendo os investimentos empresariais na Comunidade con medidas que ofrecen máis simplificación administrativa, máis incentivos e máis facilidades para o acceso ao solo.

8 de febreiro de 2018 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.