publicidade hoxe

A Deputación de Lugo promove o estudo do patrimonio ofrecendo unha xornada sobre Santa Eulalia de Bóveda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBóvedaLugo
A-
A+

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este martes no Museo Provincial da Deputación a Xornada sobre o monumento de Santa Eulalia de Bóveda, unha nova iniciativa coa que o Goberno da Deputación promove o estudo do patrimonio da provincial, e que se celebrará o día 2 de marzo no Salón de Actos da Deputación. Trátase dunha iniciativa totalmente gratuíta. As prazas serán concedidas por rigoroso orde de solicitude ata completar aforo. Inscricións en info@museolugo.org.

Esta nova iniciativa, que conta co apoio de 2 dos museos máis importantes do estado como son o Museo Arqueolóxico Nacional e o Museo do Prazo, acaba de ser incluída dentro das accións do Ano Europeo do Patrimonio Cultural, programación posta en marcha polo Parlamento Europeo e o Consello de Europa.

García Porto, que estivo acompañada no acto pola Directora do Museo, Aurelia Balseiro, explicou que “acadar este recoñecemento europeo contribúe a fomentar o intercambio de información sobre o patrimonio cultural de Europa, o que permitirá impulsar o estudo de Santa Eulalia de Bóveda tanto entre os nosos veciños como fóra das fronteiras do país. Ademais, promovemos o estudo e difusión do patrimonio lucense en Europa, o que contribúe a situar a provincia de Lugo dentro do mapa europeo cultural”.

A Xornada sobre o monumento de Santa Eulalia de Bóveda é un complemento a exposición A pintura mural de Santa Eulalia de Bóveda, unha mostra na que se exhiben as 6 acuarelas desta colección realizadas polo restaurador Elías de Segura realizadas no ano 1927, e que o Goberno da Deputación trouxo por vez primeira a Lugo, 91 anos despois da súa creación.

20 de febreiro de 2018 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.