publicidade hoxe

A Consellería de Medio Rural e o concello das Nogais analizan as obras de mellora e acondicionamento dos camiños municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NogaisLocal PortadaLugo
A-
A+
Ángeles Vázquez na reunión co alcalde das Nogais

Ángeles Vázquez na reunión co alcalde das Nogais

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, recibiu esta mañá en San Caetano ao alcalde das Nogais, Jesús Manuel Núñez, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas relacionadas co agro. En concreto, analizaron a situación actual das obras de mellora e acondicionamento dos camiños municipais, para o cal se destinaron o pasado ano un orzamento de máis de 50.000 euros para o arranxo do vial de Torés a Estacadas.

A conselleira informou ao rexedor que a contía para este ano ascende a máis de 41.600 euros e que, grazas a estes programas, pódese mellorar as vías de comunicación e, en consecuencia, a calidade de vida dos veciños do lugar. Noutra orde de cousas, ambos mandatarios analizaron a posibilidade de colaborar na adquisición dun tractor con desbrozadora para a limpeza das faixas de xestión de biomasa e previr incendios forestais neste municipio ourensán. O pasado ano, a consellería destinou algo máis de 3 millóns de euros na compra de 35 tractores con dous apeiros para rozas, sendo similar o orzamento comprometido para este ano.

22 de febreiro de 2018 | 16:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.