publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Consellería de Medio Ambiente colaborará na mellora da contorna das pesqueiras na ribeira do río Louro, en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMos
A-
A+
Reunión de Beatriz Mato coa alcaldesa de Mos

Reunión de Beatriz Mato coa alcaldesa de Mos

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio colaborará co Concello de Mos na mellora da contorna das Pesqueiras, na ribeira do río Louro. Así llo trasladou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, á rexedora municipal, Nidia Arévalo, coa que mantivo unha reunión de traballo.

A conselleira indicoulle que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural está a avanzar nos pasos necesarios para levar a cabo esta actuación que consistirá na rehabilitación dun camiño e na creación dunha área recreativa. Unha actuación coa que se pretende poñer en valor unha zona do Concello de Mos para achegar aos veciños e visitantes ao patrimonio e a riqueza natural das proximidades da ribeira fluvial do Louro ao seu paso por este municipio. O departamento que dirixe Beatriz Mato reserva unha partida de máis de 50.000 euros para a execución desta intervención.

A conselleira e a alcaldesa tamén analizaron a posibilidade de levar a cabo outros proxectos de urbanización e humanización doutros puntos do concello, en función das dispoñibilidades orzamentarias da Consellería.

6 de febreiro de 2018 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.