publicidade hoxe

Sométese a información pública o proxecto da senda entre Coirados e Pardavila, na estrada PO-313, en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarínPontevedra
A-
A+
Encontro de traballo coa alcaldesa de Marín

Encontro de traballo coa alcaldesa de Marín

O director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Franscisco Menéndez, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo hoxe un encontro de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, na que salientou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio de información pública do proxecto da senda na estrada PO-313, entre Coirados e Pardavila.

Menéndez explicou que este proxecto sométese a información pública durante un período de trinta días hábiles para que se poidan formular ante a Axencia Galega de Infraestruturas observacións relativas á concepción global do trazado deseñado. Precisou que unha vez estudadas as alegacións recibidas, se redactará o proxecto para a continuación elevalo ao Consello da Xunta e licitalo, prevéndose o inicio das obras para finais deste ano ou comezos do próximo.

No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/zxkLz3.

O proxecto, cun orzamento estimado duns 600.000 euros, ten por obxecto a construción dun itinerario de 2 km pola marxe esquerda da estrada PO-313, no treito comprendido entre o Pq. 1+380 e 3+330.

Os obxectivos prioritarios desta actuación son incrementar a seguridade dos veciños nos seus desprazamentos cotiás e promover unha mobilidade máis sustentable.

Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas da comarca do Morrazo, no que a Xunta contempla 8 itinerarios seguros, sustentables e integrados na paisaxe, cun investimento duns 3 millóns de euros.

Francisco Menéndez precisou que no marco des plan, no Concello de Marín, o Goberno galego xa está avanzando na análise das alegacións para redactar o proxecto da senda entre Vilaseca e Lapamán, co fin de licitar as obras proximamente.

29 de xaneiro de 2018 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.